Robertoliveira
![MJ Pérez - Directo_edited.jpg](https://static.wixstatic.com/media/2819fe_2a4acb011d664f3ba4205d95ee567cd9~mv2.jpg/v1/crop/x_0,y_361,w_1134,h_294/fill/w_980,h_254,al_c,q_80,usm_0.66_1.00_0.01,enc_avif,quality_auto/MJ%20P%C3%A9rez%20-%20Directo_edited.jpg)
MJ Pérez
Cantautora
MJ Pérez é unha cantautora galega que bebe de diferentes estilos, co predominio do rock-pop nos seus primeiros álbums e cun xiro cara sons máis latinos e música de raíz no seu último disco. Suma case 200 concertos por toda Galicia e parte de Portugal.
O seu traballo discográfico esta formado por 4 álbums “Ollos que non ven, síntoma de cegueira", "Guerrilleira", "Casandra" e "A Luz Prendida" que está presentando agora, todos eles autoproducidos. A isto súmanse diversas colaboracións con outros artistas dentro e fóra do escenario.
A artista pasou xa por festivais coma o Noroeste Pop Rock ou o Festival do Queixo (Arzúa), asi como polos principais circuitos de concertos do panorama galego. Foi finalista no "I Certame de Canción de Autor" de Teo e acadou un segundo posto no "VIII Concurso Musical da Deputación da Coruña". Obtivo o 1º posto no "Xuventude Crea 2017" e foi finalista nos Premios Martín Códax da Música Galega no 2019 e 2020.
O Rock-Pop, ritmos latinos e música de raíz combínase con outros xéneros musicais neste proxecto onde MJ emprega a música como medio de expresión, e o traballo constante como clave para seguir creando e avanzando neste camiño.
![MJ Pérez - Falan de Ti (Videoclip)](https://i.ytimg.com/vi/XUMCZM7XSc0/mqdefault.jpg 1x, https://i.ytimg.com/vi/XUMCZM7XSc0/maxresdefault.jpg 2x)